HomeMedio ambiente e PatrimonioA declaración de Xeoparque Mundial da UNESCO das montañas do Courel pon...

A declaración de Xeoparque Mundial da UNESCO das montañas do Courel pon dacordo ás principais formacións políticas do sur lucense

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o XdL , o martes 17 de xullo comezaba o traballo dos avaliadores da UNESCO para avaliar a candidatura das montañas do Courel a Xeoparque Mundial, a derradeira fase dun longo proceso de tramitación. Este recoñecemento de vital relevancia, é a suma dos factores de protección e estilo de vida que se leva a cabo no seu territorio.

Os observadores percorrerán acompañados por membros da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, e segundo o establecido no Programa da Misión de Avaliación, os principais lugares do patrimonio xeolóxico e o conxunto de recursos naturais que permiten coñecer a evolución da historia e a xeoloxía da zona, así como os numerosos miradoiros que teñen a finalidade común de resaltar o valor dese patrimonio xeolóxico e mineiro do territorio e potencialo como recurso cultural e turístico.

Tal é a relevancia desta candidatura, que PSOE e PP quixeron aunar esforzos económicos e cada un achegar unha partida orzamentaria para que os promotores do proxecto poidan desenrolar as actividades pertinentes. Dende a Deputación de Lugo achegáronse 50.000 euros e a Xunta de Galicia tamén quixo apoiar esta proposta aportando 34.000 euros. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...