HomeEconomíaÉxito da xornada sobre despoboamento organizada por CC.OO. en Monforte

Éxito da xornada sobre despoboamento organizada por CC.OO. en Monforte

Algunhas conclusións da xornada sobre despoboamento que organizou CC.OO. Industria de Galicia no Parador de Turismo de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Satisfacción da organización dada a asistencia e a calidade das intervencións na xornada técnica sobre despoboamento que tivo lugar este pasado martes 17 de setembro.

Con datos enriba da mesa indicouse que a poboación galega descendeu un 0,9% entre os anos 2000 e 2017, case 23.600 persoas e dándose claramente unha perda de habitantes nos concellos rurais alonxados da grandes cidades. Por provincias, A Coruña e Pontevedra aumentan poboación pero Lugo e Ourense non; Lugo perdeu un 8,7% de poboación, 31.985 persoas, mentres que Ourense decreceu nun 9,7%, unhas 33.561. Por municipios, en Lugo perderon poboación 60 deles.

Poñentes nunha das mesas de debate. Foto: M.D.

Respecto ás consecuencias do despoboamento enumeráronse as seguintes: baixa densidade demográfica, envellecemento da poboación, peche de escolas, desaparición de médicos rurais, estradas abandonadas, inexistencia de empresas, desaparición de oficinas bancarias, abandono de tendas e comercios, abandono do patrimonio e desequilibrio medioambiental.

Coñecendo as causas e consecuencias do abandono, da fuxida do rural, a reflexión foi preguntarse “que se fixo ata agora para evitalo?”. As conclusións neste sentido foron críticas sinalando que de momento houbo e hai debates pero sen medidas concretas, que os políticos láianse dos problemas pero tampouco aportan solucións e que a PAC actual non serve tampouco para corrixir ou solucionar a situación. Só se salvan nese senso programas como o Leader e os Grupos de Acción Local que están a dinamizar a economía no ámbito rural.

No remate da xornada, o anfitrión e organizador, CC. OO. Industria de Lugo, expuxo varias propostas para manter vivo o rural. Entre elas mellorar as condicións de vida no medio rural, condicionar as axudas da PAC á creación de emprego, incentivos fiscais para a instalación de empresas, incentivar a creación de microempresas de transformación agroalimentaria e forestal, potenciar a economía circular buscando tamén as vendas directas ao consumidor, apostar polo turismo rural, e tamén polos sectores agroforestal e medio ambiental. Todo o anterior pensando ademais en medidas complementarias para rexuvenecer o rural, pois sen xente nova non hai nada que facer. Neste senso, algunhas das medidas que se suxeriron foron unha fiscalidade reducida en zonas despoboadas, plans de vivenda de balde, centros médicos e escolas próximos, impulso á dixitalización e á innovación, reforzar o papel da muller…

ÚLTIMAS

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...