HomeMedio ambiente e PatrimonioActividades de outono adaptadas ás novas esixencias sanitarias

Actividades de outono adaptadas ás novas esixencias sanitarias

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra informa que seguirán adiante con todas as actividades previstas pero adaptadas as novas esixencias anunciadas pola Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades do ciclo ’A Caída da Folla na Ribeira Sacra 2020’, do cal informabamos días atrás neste medio, non se suspenderán e seguirán adiante segundo o programado. Farano, iso si, con especiais medidas de control para garantir a seguridade dos/as participantes.

As novas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia implican novas esixencias para a reorganización das mesmas como será adaptar os grupos a 4 participantes máis un monitor/guía/formador e facer fincapé sobre as distancias de seguridade e demais protocolos aplicables a cada caso. Aínda así, a organización asegura que será rigorosa coas medidas sanitarias e quere transmitir total confianza a aqueles que se apunten a participar.

Polo de agora, tampouco se rexistrou ningunha baixa na listaxe de reservas, algo que anima moito ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para facer todos os esforzos necesarios e así poder manter a programación.

As reservas de calquera das actividades farase a través do correo electrónico turismo@ribeirasacra.org.  

ÚLTIMAS

“Salvamos o Malecón” solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio no proxecto da nova ponte en Monforte

A plataforma presentaba a mediados desta semana ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural...

A Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A mandataria provincial comprobou o estado da LU-P-1801 que une a localidade cos Peares,...

Éxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que rematou con entrega de premios o día 27

A Concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, entregou o día 27...