HomePolíticaO PP de Monforte lamenta o "talante maleducado" do equipo de goberno...

O PP de Monforte lamenta o “talante maleducado” do equipo de goberno nos plenos

En canto á aprobación do preacordo con Aqualia para investir o millón seiscentos mil euros da sentenza xudicial nunha nova tubaxe xeral de fundición, o pp apoiou a proposta, pero lembran que "ese diñeiro debería ser investido nun parque acuático, pero o deixamento de Tomé coa auga nos oito anos de mandato que leva, implica a imperiosa necesidade da renovación de tubaxes, así como o estado de contaminación do río que obviamente de momento non permita a creación dunha zona de baño."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran que no pleno deste martes, durante o punto no que se debatía o recurso á resolución do Tribunal Administrativo de Galicia en canto ao incremento salarial das empregadas do SAF, “a tenente alcalde, Dona Gloria Prada, acurralada e sen argumentos mostrou xestos agresivos e palabras inadecuadas cara á oposición, incluso mencionando o ámbito profesional dos portavoces do Bloque e do Partido Popular. Non é a primeira vez que o equipo de goberno, ante a falta de argumentos á hora de defender a súa xestión, fan mención aos ámbitos persoais e profesionais dos concelleiros.”

Con respecto ás traballadoras do SAF aprobouse recorrer a resolución da “etiqueta”, impedindo así contemplar o incremento salarial que o convenio colectivo actual estipula. “As empregadas do Saf, impotentes, contemplaron o debate incrédulas, pois no último pleno o equipo de goberno apoiou unha moción na cal adquiría o compromiso a repetar os dereitos dos traballadores do Saf, e agora cambian completamente de opinión. Non é admisible a actitude chorona de Tomé cando se trata de gastar o diñeiro en cousas básicas e necesarias, como o servizo de Axuda a Domicilio ou o tratamento da auga.” Os populares votaron en contra.

Con respecto á queixa do PP pola varanda colocada nas inmediacións do Hospital Comarcal, aseguran os populares que “Tomé non considera urxente debater o peche ao que someteron as instalacións. Novamente enfróntase a unha institución da Xunta de Galicia, cun resquemor inexplicable sen atender nin empatizar coa importancia do correcto funcionamento do Hospital.”

Lamentan os populares que pasado máis dun mes desde a alteración da estrucutra de soporte da ponte de Piñeira, o alcalde non explicara o custo da obra nin o tempo de reparación. “Novamente esta actitude denota a mediocridade que impera no equipo de goberno e a pouca preocupación de Tomé de liquidar os problemas máis básicos dos cidadáns. Só lle importa seguir escalando postos no seu partido político e manter a presidencia da Deputación.”

Os populares tamén levaban a pleno a “problemática coa recollida de lixo” en Monforte de Lemos durante os meses de verán, solicitando incremento de cubos para evitar acumulación de lixo nas beirarrúas, así como solucionar o problema de contedores en aldeas “aos que só se acode dúas veces ao mes. A contestación de Tomé foi descoñecer esta problemática así como indicar que non existen máis cubos. Estamos a falar dunha persoa que leva 20 anos no Concello, 4 como concelleiro e que vive na cidade, polo que o abandono ao que somete á cidade do Cabe nas cuestións máis básicas é vergonzo.”

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...