HomesociedadeSUPLUSA cede ao concello de Monforte 111.000 metros cadrados no Polígono do...

SUPLUSA cede ao concello de Monforte 111.000 metros cadrados no Polígono do Reboredo

Unanimidade na Deputación para a cesión gratuíta ao Concello de Monforte de Lemos da titularidade de 15 parcelas provinciais que suman unha superficie total de 111.000 metros cadrados coa finalidade de ampliar o Polígono Industrial do Reboredo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os terreos, adquiridos pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (SUPLUSA) no ano 2011, están situados na marxe esquerda da entrada do polígono monfortino e “servirán para dar resposta ás necesidades de solo industrial, posibilitando o desenvolvemento industrial do municipio, a creación de emprego e o impulso da dinamización económica do concello e a comarca”, subliñou José Tomé.

Estas parcelas cedidas pola Deputación lindan con vías públicas dotadas de servizos que son titularidade da institución provincial e do Concello, polo que non serán necesarias as obras de urbanización. Para poder licitar a venta das parcelas mediante concurso, o Concello de Monforte deberá tramitar un Plan Parcial que deberá contar coa aprobación da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica.

O Polígono Industrial do Reboredo ten unha superficie total de 365.675 metros cadrados, dos cales 275.235 son de solo industrial aos que hai que sumar zonas verdes, servizos, rede viaria, aparcamentos ou espazos libres. Está comunicado coa N-120 a algo máis dun quilómetro e sitúase a preto de dous quilómetros do centro da cidade monfortina.

ÚLTIMAS

Obradoiro de igualdade e prevención da violencia de xénero no CPI Poeta Uxío Novoneyra

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou este 11 de novembro o...

O Parador de Monforte mellorará a comezos do 2026 as súas instalacións cun investimento 3,5M€

Paradores de Turismo acometerá unha reforma integral no histórico establecemento de Monforte de Lemos...

Ata o 15 de novembro pode visitarse na Compañía de Monforte o roadshow do INCIBE

O camión estará aberto ata o sábado 15, en horario de 9.00 a 14.00...

Monforte licita as obras de mellora do parque da rúa Doutor López Suárez

Contémplase a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se...