Homesociedade“San Martiño Caníbal”: un festival ‘gastromusical’ no rural de Sarria

“San Martiño Caníbal”: un festival ‘gastromusical’ no rural de Sarria

Un xantar popular, no que se degusta un gran cocido, e unha tarde-noite chea de concertos, fan posible esta festa na parroquia de Louseiro. Será este sábado 12 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

Este festival de outono que acolle a parroquia de Louseiro (Sarria) está organizado pola Asociación Cultural “Os Gorriós de Louseiro” e chega este ano ao seu X aniversario. Para sacalo adiante contan tamén coa colaboración da Sala Buril e do Concello de Sarria.

Dende a organización lembran que aínda quedan entradas para gozar do gran cocido que se fai para xantar a un prezo de 27 euros –anticipada en Moncho Moda– e a 30 no mesmo campo da feira. O prezo para a cativada entre 5 e 12 anos é de 12 euros.

No que se refire aos concertos son todos de balde e hai camiseta oficial a 10 euros.

PROGRAMA

-Sesión vermut co grupo Wavy Gravies

-Xantar popular, ‘Gran cocido galego’.

-A partires das 18:30 h. actuarán no campo da festa de Louseiro:

CE ORQUESTRA PANTASMA

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

XEREZADE

LOS WAVY GRAVIES

Imaxe do grupo

FILOPHOBICAS

Filophobicas / Imaxe do grupo

UNTIDES

Untides / Imaxe do grupo

Se queredes saber como naceu esta celebración podedes recuperar un artigo anterior de Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...

Prata para Sara Pérez Pallín do Club Atletismo A Gándara no Campionato de España

A gran noticia do torneo chegou da man de Sara Pérez Pallín, quen se...

Pantón, “corazón da Ribeira Sacra”, enxalza o sumiller Luis Paadín no pregón da Feira do Viño

O concello de Pantón celebrou do venres ata este domingo a XXXI Mostra de...

O 15 de maio o Aeródromo das Lamas en Monforte acolle a “Vuelta Aérea Internacional Aerodreams 2026”

A saída da VAIA 2026 está prevista o xoves 14 de maio desde o...