HomesociedadeZeltia Mateo, maquilladora corporal, rexeitou unha proposta da Pedroche

Zeltia Mateo, maquilladora corporal, rexeitou unha proposta da Pedroche

Polo que puido saber este medio, a famosa presentadora chamouna para pedirlle que participara no ‘body painting’ que lucirá nas badaladas deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Chegadas estas datas é xa un clásico que Cristina Pedroche acapare o foco da actualidade pola expectación que crea o vestido que lucirá na noite vella.

Será unha das presentadoras que dará as badaladas 2022 nunha canle de televisión de ámbito estatal e nestes días previos ao remate do ano a campaña de marqueting funciona a toda máquina. A Pedroche pasou xa por varios programas de televisión e algo deixou caer sobre o vestido co que sorprenderá aos televidentes.

No seu paseo televisivo Cristina Pedroche adiantou que levará unha capa e que o ‘body painting’ será protagonista na súa ‘vestimenta’ para a última noite deste 2022 que esmorece.

Fálase incluso que máis de 100 persoas están involucradas na confección do deseño pero o que non se comenta a nivel nacional e algo que descubriu este medio. A coñecida maquilladora de FX quiroguesa, Zeltia Mateo, puido ser unha das persoas escollidas para traballar no seu ‘body painting’ pero non lle será posible desprazarse a Madrid o día no que se celebra fin de ano.

Segundo nos comentou Zeltia, ese día ten a mañá ocupada atando chourizos para uns familiares e pola tarde ten unha axenda “completísima” para facer peiteados de clientas que queren estar ‘guapísimas’ para despedir o 2022. “Os cartos que me ofrecían eran para pensalo pero débome á miña clientela”, comentou a peitedora e maquiladora quiroguesa.

Zeltia facendo un servizo. Foto: Z.M.

NOTA: Este contido é unha noticia ficticia, redactada con humor co gallo do Día dos Santos Inocentes.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...